| Data | Luns 19 de Setembro do 2011 |
| Categorías | Calderetadas |
| Etiquetas | colaboracións, feminismo |
| Autor | admin |
Eu son Pepa unha muller traballadora por enriba de todo, os meus comezos no mundo laboral non foron fáciles, o primeiro traballo que tiven, non remunerado, por suposto, foi levarlle a caldereta da comida ao meu pai ao estaleiro, iso si, despois de deixar as cousas da casa feitas.
Fun eu e fun moitas daquela época, carboeira descargando o carbón dende os barcos ata a terra, augadora levando a sella na cabeza, alumna da Escola de Artes e Oficios, carrexadora construíndo o dique da Campá, lavandeira en Canido e Esteiro, ama de cría, mariscadora, peixeira, labradora, poetisa e escritora, costureira, artesá, comadroa, traballadora da PYSBE e da Fábrica de Lapis, sindicalista asasinada polos fascistas, mestra republicana, concelleira, cabeza de familia… fun eu e fun moitas ferrolás que loitaron e morreron pola liberdade sexual, pola igualdade, pola paz, polo traballo digno, pola cultura galega, polo fin da violencia machista.
Hoxe, en forma de Marchanta, dende o fondo do meu corazón sigo berrando como entonces e berrarei ate conseguir un mundo en igualdade!!