Artigo : «

Caldereta de honra e Caldereta do ano 2011

 »
Navegación : « O vindeiro martes, tertulia no Borsalino con Chelo Loureiro | O cocido de Lefre 2011 »
Comentarios : 1 entrada en 1 fío, deixe un.

Caldereta de honra e Caldereta do ano 2011

DataMartes 20 de Decembro do 2011
CategoríasCalderetadas
Etiquetas, ,
Autoradmin

Como vimos facendo nos últimos seis anos, celebramos a Cea anual da asociación “O cocido de Lefre”. Aproveitamos a cea para entregar as Calderetas de honra e do ano, premios que pretenden recoñecer o traballo dalgunha persoa ou entidade na súa traxectoria vital —a caldereta de honra— ou por algún éxito ou recoñecemento durante o ano —a caldereta do ano—.

Nesta ocasión, a Caldereta de honra recaeu en Emilio Romero Suárez (Milín), e a Caldereta do ano en José Luís Prieto Roca.

Emilio Romero Suárez (Milín). CALDERETA DE HONRA 2011.

milinNaceu un primeiro de outono de 1924 nunha vivenda do Calexón das Conchas de Ferrol Vello. O seu avó foi “Botero” no peirao de Ferrol, chamábase Antonio Romero “O Andaluz”, a súa avoa foi “Chabolera” da lonxa do mesmo peirao.

Ao trasladaren o seu pai (traballador da sanidade do porto) á Coruña, berrou e berrou ata conseguir quedar a vivir en Ferrol Vello coa súa aboa, quen o criou.

Traballou na pesca do bacallao nos barcos da PYSBE e PEBSA dende 1947 a 1956. e en distintas empresas de montaxe, en refinerías e térmicas ao longo do estado, incluíndo as Canarias, pasando logo a traballar en ASTANO ata o ano 1984, no que se xubila.

Socio fundador da S.D. Portuarios da Asociación Veciñal de Ferrol Vello e do Club do Mar Ferrol, segue dende a súa xubilación a participar en causas sociais: Negativa á planta de gas de Reganosa dentro da ría ou á construción do tanque de tormentas no Xardín das “Ranitas”.

Unha cousa é xubilarse e outra “retirarse”.

Afeccionado á pesca deportiva, Guillermo Llorca falou del como “o maior pescador de chocos da ría”.

José Luis Prieto Roca. CALDERETA DO ANO 2011.

jl-prietoNado en Narón en 1967, é autor, director de escena e actor galego.

Os seus comezos no teatro inícianse co ingreso na Escola de Teatro de Narón en 1989.

En 1992 funda Caroza Teatro e desde ese momento principia unha vida polifacética arredor da escena como actor, director, mestre e autor de moitas obras de carácter cómico coas que acada varios premios.

Obras:

Sursum Corda (1994).

Desjraciados (1997).

¡Oh! ¿Qué facer cando non sei quen son? (1999).

Jánsel e Pónsel (2001). Estreada pola compañía Bucanero

Monólogo do imbécil (2002). Estreada pola compañía Santi Prego e dirixida por el.

Tres notas (2002). Estreada pola compañía Bucanero.

Fobias (2002). Estreada pola compañía Lagarta, Lagarta.

Sé normal. Vota Substancia Bucanera (2003). Estreada pola compañía Bucanero

Dereita esquerda (2003).

Farsa de los pícaros del camino (2004) En castelán.

Por un millón de dólares (2004). Estreada pola compañía Bucanero

Carambola (Cóncaco-Convexo) (2005). Estreada pola compañía Lagarta, Lagarta.

Life is a paripé (2007). Estreada pola compañía Obras Públicas e dirixida por el.

Muñecas (2007).

O ridículo desamor dun home máis ou menos normal (2007). Estreada pola compañía 40 Pasos e dirixida por el.

Go on (2009). Unha odisea en Galiza

Premios:

No 1995, gañador do Premio Xuventude ao Mellor texto orixinal.

No 2003, gañador nos Premios Max, ao mellor autor teatral en galego por Monólogo do imbécil.

No 2005, gañador nos Premios Max, ao mellor autor teatral en galego por Fobias.

No 2005, gañador do Premio María Casares ao Mellor texto orixinal por Fobias.

No 2010, gañador do Premio ao Mellor espectáculo por Life is a Paripé no FETEGA.

No 2011, gañador do Premio María Casares á Mellor música orixinal por Life is a Paripé.

cea20111cea20112

cea20116

cea20117

cea201111

Entrada : 1 (825)

TipoComentario
Autoradmin
Data21/12/2011 - 2:49
Seguir fíoRespostar

Foi un pracer compartillar un ano máis cos lefres

Formulario : Comentar


É un usuario anónimo, pódese identificar.

Nome

Correo electrónico

Páxina web

O seu comentario (encoller | agrandar)


Pode emprega-las seguintes etiquetas HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>


Próximos Eventos
20/05/2012
Actividades Lefre
Maio 2012
L M M X V S D
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031EC
Non lle poñades chatas â obra namentras non se remata. O que pense que vai mal que traballe n’ela; hay sitio para todos.
Castelao
Artigo : «

Caldereta de honra e Caldereta do ano 2011

 »
Navegación : « O vindeiro martes, tertulia no Borsalino con Chelo Loureiro | O cocido de Lefre 2011 »
Comentarios : 1 entrada en 1 fío, deixe un.