Calendario Mes
Maio 2009
L M M X V S D
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
Artigo : «

Conferencia sobre Ramón Piñeiro

 »
Navegación : « Que tes na caldereta? de xuño | Pequena semblanza de Ramón Piñeiro »
Comentarios : 1 entrada en 1 fío, deixe un.

Conferencia sobre Ramón Piñeiro

DataSábado 9 de Maio do 2009
Axenda
Martes 12 de Maio do 200920:30-21:30
CategoríasEventos
Etiquetas,
Autoradmin

O profesor Miguel Barros, impartirá unha conferencia sobre o autor homenaxeado no día das letras galegas deste ano 2009.piñeiro-miguelbarros

Ramón Piñeiro e Ferrol. Unha figura do galeguismo e símbolo dunha xeración” é o título desta conferencia que neste mes, substitúe a celebración da tradicional tertulia de Lefre do segundo martes de cada mes.

Celebrarase ás 20:30 h. do martes 12 de maio nos locais do Ateneo Ferrolán.

Miguel Barros ten manifestado que este traballo representa un “alegato contra o esquecemento”  do “principal motor dunha nova lectura do galeguismo, e da política galeguista, símbolo de toda unha xeración”.

A lectura da súa tese de doutoramento aporta o primeiro traballo en profundidade sobre a vida e obra de Ramón Piñeiro.

Baixo a dirección de Ramón Maiz, esta obra aporta ademáis documentos inéditos cos que “pretendo situar a obra do filósofo no contorno da construción da resistencia galeguista, deitando unha nova ollada sobre o nacionalismo despois da experiencia da Segunda República”.

Este traballo de Miguel Barros, baixo o título provisional de “Ramón Piñeiro, o Partido Galeguista e o revisionismo galeguista” será publicado en breve, na súa colección ENSAIO, pola editorial Galaxia.

Nesta ocasión, queremos agradecer a colaboración do Ateneo Ferrolán, e agardámosvos o vindeiro martes.

Entrada : 1 (86)

TipoComentario
Autorcadoiro
Data9/05/2009 - 21:20
Seguir fíoRespostar

Pois alí estaremos. De feito, en Ferrol arece que o Día das Letras, e cos tempos que corren, vai pasar sin pena nin gloria. Saúdos.

Formulario : Comentar


É un usuario anónimo, pódese identificar.

Nome

Correo electrónico

Páxina web

O seu comentario (encoller | agrandar)


Pode emprega-las seguintes etiquetas HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>


Artigo : «

Conferencia sobre Ramón Piñeiro

 »
Navegación : « Que tes na caldereta? de xuño | Pequena semblanza de Ramón Piñeiro »
Comentarios : 1 entrada en 1 fío, deixe un.