| Data | Martes 17 de Maio do 2011 |
| Categorías | Calderetadas, Novas |
| Etiquetas | arte, colegas, letras, musica |
| Autor | admin |

O domingo día 15 de maio do 2011 celebrabamos a segunda edición de “Mareando as nosas letras”.”omareonosopatrimonio”
Como moitos e moitas saberedes, a intención da nosa asociación con esta actividade é, tentar establecer de maneira formal dentro da chamada “semana das Letras Galegas”, un certame de relatos cortos e de poesía e música en relación á nosa cultura marítima.
As 12 da mañá ese domingo disfrutamos das voces de Antón Cortizas, Guillermo Ferrández, Karlotti, Xosé Leira e Xurxo Souto no apartado da poesía e de María Manuela, Xurxo, Antón Varela e Roberto Grandal no da música.
Enviámoslles o noso agradecemento pola súa inestimavel colaboración, que facemos extendido a A Revolta a Vela tradicional do Club do Mar Ferrol a Suso Pazos e a toda a xente, maior. nova e miúda que ateigáchedes a lancha de Pacuco de ledicia, no paseo pola ría embarcados nun cantar.
Saudamos tamén a Manuel Rivas que disculpou a súa ausencia, agardamos poder contar con el en vindeiras edicións.
Para o ano se o tempo axuda e coa vosa colaboración, agardamos encher de embarcacións a nosa ría, na defensa do noso patrimonio marítimo.