| Data | Xoves 26 de Novembro do 2009 | |||||
| Axenda |
| |||||
| Categorías | Eventos | |||||
| Etiquetas | musica, torrente, Zeca Afonso | |||||
| Autor | admin |
O vindeiro sábado, 28 de novembro, ás 21:30 h. na Capela co Centro Torrente Ballester, Lefre de Caldereta, coa colaboración da concellería de cultura do concello de Ferrol organiza unha actuación con texto, música e imaxes sobre o canto da intervenção en Portugal e no mundo.
O acto é gratuíto e só hai que reservar butaca, chamando ao teléfono 981 944 245 (De luns a venres de 11:00 a 13:00 hh. e de 18:00 a 20:00 hh.)
O Canto de Intervenção tivo unha especial relevancia en Portugal nos anos 60 e 70 do pasado século pero, nin é un fenómeno recente, nin deixou de existir, nin tampouco está limitado ao espazo xeográfico dun país.
O núcleo do Norte da Associação José Afonso (AJA) preséntanos un espectáculo multidisciplinar, que mistura e asocia a música con referencias históricas, con momentos de poesía e coa imaxe, percorrendo a historia do Canto de Intervenção —fundamentalmente en Portugal— pero tamén noutras partes do mundo onde a música deu voz a múltiples loitas.
Da seara portuguesa ao capim angolano, pasando polo estadio nacional de Chile, por Galiza e polo Estado Español, o Canto de Intervenção porponnos unha viaxe polos principais cantautores portugueses e internacionais, contextualizando o seu papel na música e na sociedade e interpretando algunhas das súas melodías e letras máis relevantes.
ESTRUTURA DO ESPECTÁCULO
1ª Parte:
- Le deserteur. Boris Vian
- Blowing in the wind. Bob Dylan
- El derecho de vivir en Paz. Victor Jara
- A cantiga é uma arma. José Mário Branco
- Menina dos olhos tristes. Adriano Correia de Oliveira / José Afonso
- Trova do Vento que Passa . Adriano Correia de Oliveira
- Cantar de emigração. Adriano Correia de Oliveira
- Que força é essa. Sérgio Godinho
- O Charlatão. José Mário Branco
- Utopia. José Afonso
- O que faz falta. José Afonso
- Poemas de: Alexandre O’Neil, António Jacinto, Ary dos Santos, João Apolinário, José Gomes Ferreira, Manuel Alegre e Víctor Jara.
2ª Parte
A música de intervenção en primeira persoa. TINO FLORES, exiliado en Francia até o 25 de Abril de 1974, compañeiro de estrada de José Afonso e participante directo nun dos periodos máis vizosos do Canto de Intervenção en portugués. Ten varios traballos discográficos gravados en Francia, e dous LP, en Portugal.
Interpretación:
- Paulo Esperança (presentación e narración)
- Ana Afonso (declamación)
- Ana Ribeiro (guitarra e voz)
- Fernando Lacerda (voz)
- Paulo Veloso (guitarra)
- Miguel Marinho (violino, bandolín)
- Tino Flores (guitarra e voz).
Referencias:
Esta iniciativa xa foi presentada en diferentes locais, reunindo críticas moi positivas, alargando o recoñecemento e visibilidade do proxecto:
ICBAS (Porto) ; Clube Literário do Porto; C.M. Matosinhos, Centro de Artes e Espectćculos São Mamede (Guimarães), Festival de Teatro “Fazer Festa” (Porto); Junta de Freguesia de Sto. Ildefonso (Porto), Regueirão dos Anjos (Lisboa),Lisboa, 24-04-2009, Felgueiras, 25-04-2009, Santiago de Compostela, 9-05-2009…
Entrada : 1 (655)
Alí nos veremos.