Artigo : «

O vindeiro martes, tertulia no Borsalino con Chelo Loureiro

 »
Navegación : « Mareando as nosas letras | Caldereta de honra e Caldereta do ano 2011 »
Comentarios : Ningún, deixe un.

O vindeiro martes, tertulia no Borsalino con Chelo Loureiro

DataVenres 10 de Febreiro do 2012
Axenda
Martes 14 de Febreiro do 201220:30-22:30
CategoríasCalderetadas, Eventos, Novas
Autoradmin

Un ano máis, Lefre de Caldereta volve a organizar as súas clásicas Tertulias “Que tes na caldereta” dos segundos martes de cada mes.

Neste 2012 non podiamos comezar mellor, o martes 14 de febreiro  ás 20:30 h. e, como ven sendo tradicional no Pub Borsalino, contaremos coa presencia de Chelo Loureiro Vilarelle.

tertulia_cheloChelo é responsábel da división de animación da produtora galega Continental, ten experiencia no campo da xestión cultural e dos medios de comunicación (La Voz de Galicia, Grupo Sargadelos, Grupo La Capital), así como no eido da produción executiva (Lúa Films).

Ademais desde 2008 conta coa súa propia produtora, que se chama Abano Producións.

Na súa filmografía, figuran obras como ¿E por que? (2005), A flor máis grande do mundo (2006), Soños desde o abismo (2006), De profundis (2006), A crise carnívora (2007), O soldadiño de chumbo (2008) ou A tropa de trapo no pais ónde sempre brilla o sol (2010). Asimesmo está a traballar noutros moitos proxectos —en diferentes fases do seu desenvolvemento—  como Xigante ou Trazo de tiza

Por outra banda, Chelo é a delegada en Galicia de CIMA, asociación estatal que pretende valorizar o papel da muller no eido audiovisual.

Chelo é unha ferrolá absolutamente comprometida coa súa cidade, á que xa lle ten regalado grandes aportacións. E dicimos nós, ¿tenlle Ferrol aportado moitas satisfaccións a Chelo?

Seguro que a tertulia aclarará estas e outras moitas cousas. Falámolas alí;)


Formulario : Comentar


É un usuario anónimo, pódese identificar.

Nome

Correo electrónico

Páxina web

O seu comentario (encoller | agrandar)


Pode emprega-las seguintes etiquetas HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>


Próximos Eventos
20/05/2012
Actividades Lefre
Febreiro 2012
L M M X V S D
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
272829EC
Non lle poñades chatas â obra namentras non se remata. O que pense que vai mal que traballe n’ela; hay sitio para todos.
Castelao
Artigo : «

O vindeiro martes, tertulia no Borsalino con Chelo Loureiro

 »
Navegación : « Mareando as nosas letras | Caldereta de honra e Caldereta do ano 2011 »
Comentarios : Ningún, deixe un.