Calendario Mes
Setembro 2010
L M M X V S D
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930EC
Artigo : «

Rubén Coca aposta por un Ferrol sin complexos

 »
Navegación : « Caldereta de Honra e Caldereta do Ano 2009 | ¿Que tes na caldereta?… con Rubén Coca »
Comentarios : 2 entradas en 2 fíos, deixe un.

Rubén Coca aposta por un Ferrol sin complexos

DataXoves 12 de Marzo do 2009
CategoríasCalderetadas
Etiquetas, , ,
Autoradmin

A tertulia do mes de marzo no Borsalino provocou unha reflexión fonda sobre a situación do audiovisual en Galicia, e en Ferrol, desde múltiples ópticas.

Conducidos pola experiencia vital, e tamén pola vitalidade de Rubén Coca, puidemos lefrear sobre a importancia de que cheguen a coallar proxectos industrias, sobre a influencia das novas tecnoloxías na produción audiovisual, sobre a necesidade da profesionalización das múltiples actividades implicadas nesta arte, sobre a publicidade, sobre a aposta polo propio, sobre o papel das institucións e da empresa privada, sobre as posibilidades do traballo en rede, sobre as potencialidades dos profesionais do sector na cidade e na comarca, sobre o traballo creativo e outros traballos máis comerciais, promocionais, institucionais…

Rubén Coca deixou frescura, independencia creativa, humildade, conciencia do importante que é a formación, as bondades de estar atentos ao que pasa no mundo sin menosprezar as potencialidades e o bo facer local.

Por outra banda, evidenciou a importancia do traballo duro, con perspectiva, na conciencia de que hai cousas que levan o seu tempo e, hai que darllo…

En fin, teriades que estar alí.

A conversa, como sempre soupo a pouco, pero unha vez máis cumprimos o noso obxectivo: facer visible o que se fai na cidade, darlle o valor que lle corresponde e ir construíndo o Ferrol que desexamos, con orgullo, en positivo e abertos á pluralidade de ideas e opinións que son a nosa forma de ser. Como ten que ser porque non podemos ser doutro xeito.

No Borsa, coma sempre, Antonio un campeón, uns pinchos de luxo -made in Gloria- unhas cervexas ou o que se terciou, boas conversas e, en definitiva outro martes lúdico e lúcido.

Nesta ocasión tamén puidemos lefrear con dous compañeiros de Rubén no grupo musical Quant. E é que o Coca tamén lle dá á guitarra e á voz. Non volo perdades.

Ata a próxima, e lembrade que podedes facer suxestións —nos comentarios deste artigo— sobre próximos participantes nas tertulias de cada segundo martes de mes ¿Que tes na caldereta?

Desde Lefre de Caldereta, grazas Rubén, noraboa polo teu traballo, que os ventos sexas favorabeis e, ata pronto.

Entrada : 2 (79)

TipoComentario
Autoradmin
Data12/03/2009 - 4:34
Seguir fíoRespostar

Pois terémolo en conta. Parece boa idea aínda que quizá non poida ser para o vindeiro mes, poderá o seguinte, nonsi?

Entrada : 1 (78)

TipoComentario
Autorgacepo
Data12/03/2009 - 4:32
Seguir fíoRespostar

E que lles parece si convidan ao novo asesor cultural do concello de Ferrol, para que nos conte os seus planes…?

Formulario : Comentar


É un usuario anónimo, pódese identificar.

Nome

Correo electrónico

Páxina web

O seu comentario (encoller | agrandar)


Pode emprega-las seguintes etiquetas HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>


Artigo : «

Rubén Coca aposta por un Ferrol sin complexos

 »
Navegación : « Caldereta de Honra e Caldereta do Ano 2009 | ¿Que tes na caldereta?… con Rubén Coca »
Comentarios : 2 entradas en 2 fíos, deixe un.