| « Ago |
|
Out » |
| L | M | M | X | V | S | D |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
| 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
| 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
| 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
| 27 | 28 | 29 | 30 | EC | ||
| Data | Venres 13 de Marzo do 2009 |
| Categorías | Calderetadas |
| Etiquetas | arte, colegas, premios |
| Autor | admin |
Rubén Coca obtén 2 nominacións para os premios Mestre Mateo do Audiovisual Galego.
O director ferrolano recibiu dúas nominacións na categoría Curtametraxe de Ficción nos próximos premios Mestre Mateo que cada ano concede a Academia Galega do Audiovisual polos seus dous últimos traballos, Mínimo Común Múltiplo e La Princesa Alegría.
Mínimo Común Múltiplo, que podedes ver aquí, foi estreado o pasado 7 de marzo nos Cines Verdi de Madrid. Está rodado integramente en Ferrol e participan os actores Marta Larralde, Alex Neira, Lourdes Sanmartín, Xoel Fernández, Rubén Riós e Fusa Guillén.
A princesa Alegría, estreada o pasado 24 de outubro na Gala de Entrega de Premios que clausurou a V edición do Festival Curtocircuíto de Santiago de Compostela, foi o guión gañador —de Daniel Utrilla— do concurso Compostela Plató. Rodada en Santiago de Compostela o pasado verán, é un conto que mestura a imaxe real e a animación, a fantasía e a realidade.
A Gala de entrega dos VII Premios Mestre Mateo terá lugar o próximo 30 de abril no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Tentaremos estar por alí e SORTE RUBÉN.
| Tipo | Comentario |
| Autor | cadoiro |
| Data | 13/03/2009 - 22:13 |
| Seguir fío | Respostar |
Pois todos os lefres que apostamos polos nosos valores, a apoialo a Pontevedra. ¿Fai unha excursionciña e unha boa cea?
Entrada : 2 (85)
Hi, nice post. I have been thinking about this topic,so thanks for posting. I’ll certainly be subscribing to your blog.