Artigo : «

Sábado, 19 de decembro, o cocido de lefre

 »
Navegación : « Letras Galegas “Mareando as nosas letras” | O canto da intervenção »
Comentarios : Ningún, deixe un.

Sábado, 19 de decembro, o cocido de lefre

DataMartes 15 de Decembro do 2009
Axenda
Sábado 19 de Decembro do 200921:30-Domingo 20 de Decembro do 200902:34
CategoríasEventos
Etiquetas
Autoradmin

reservas3

Un ano máis, e xa van catro, “Lefre de caldereta” organiza a súa cea aniversario por volta de finais de decembro. Coma nos anos precedentes, a asociación aproveita esta xuntanza de socias e socios, de amigos e amigas, para render honores, para homenaxear xentes da nosa contorna pola súa actividade.

Este ano a “caldereta de honra 2009” irá parar á asociación cultural decana da nosa cidade, o Ateneo Ferrolán. O Ateneo, fundado en 1879, foi e é, como di o seu lema actual, “un lugar de encontro para a cultura”. A sede do Ateneo está nun edificio histórico do barrio da Magdalena, restaurado polos arquitectos ferroláns Alfredo Alcalá e Francisco Iglesias, e sofre na actualidade un estado de abandono e de precariedade que pon en perigo o éxito da rehabilitación xa aprobada pero

lamentablemente aínda non executada. A nosa distinción pretende, humildemente, urxir a intervención sobre as instalacións para defender o patrimonio de todos os ferroláns e de todos os amantes da cultura. Por outra banda, queremos que o noso recoñecemento chegue a todas e a todos os que participaron na recuperación da institución dende a chegada da democracia. Desexamos que o día 19 sexa un día para que todos os que participamos como directivos, como socios, como colaboradores, como intervenientes… nos sintamos agasallados por termos cada un de nós achegado o noso gran de area para que esta institución cultural da comarca siga viva e producindo froitos. Xa que logo, os “lefres” convidamos a todos os “ateneístas” a que veñan á cea e a que se sintan parte desta merecida, aínda que sinxela e humilde, homenaxe.

Para a “caldereta do ano 2009” os lefres este ano reparamos na actual galardoada polo premio Xerais de narrativa 2009 e mais polo premio de literatura infantil e xuvenil da Fundación Caixa Galicia tamén deste ano que remata. Falamos da escritora e xornalista Rosa Aneiros. Nada en Meirás, no Concello de Valdoviño, Rosa leva anos destacando nas nosas letras e este ano por partida dobre. Para o xurado do Premio Xerais 2009, “Sol de Inverno constrúe un mundo simbólico e máxico polo que deambulan seres entrañables para crear un relato de pulso vagoroso, que reborda nun potente río de historias. A memoria do exilio, as súas voces e as súas feridas, que Inverno debe lamber unha e outra vez, marcan o pulso desta novela que destaca pola rebeldía dos personaxes na defensa dos ideais e da xustiza”. Nós, ademais, sentímonos máis dunha vez moi próximos ás terras que pisa Inverno, á súa aldea natal, Antes, e á súa contorna. A nosa comarca vese reflectida na comarca ficcional. Desexamos que Rosa sexa tamén profeta na súa terra e por iso para ela vai a nosa caldereta do ano.

Convidamos, polo tanto, o día 19 de decembro ás 21:30 horas a todos os “lefres”, a todos os “ateneístas”, a todos os “aneiristas”, en fin a toda a nosa xente a que comparta con nós o xa tradicional cocido lefre este ano no restaurante La Nueva Frontera na estrada da Cabana.

Formulario : Comentar


É un usuario anónimo, pódese identificar.

Nome

Correo electrónico

Páxina web

O seu comentario (encoller | agrandar)


Pode emprega-las seguintes etiquetas HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>


Próximos Eventos
20/05/2012
Actividades Lefre
Decembro 2009
L M M X V S D
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031EC
Non lle poñades chatas â obra namentras non se remata. O que pense que vai mal que traballe n’ela; hay sitio para todos.
Castelao
Artigo : «

Sábado, 19 de decembro, o cocido de lefre

 »
Navegación : « Letras Galegas “Mareando as nosas letras” | O canto da intervenção »
Comentarios : Ningún, deixe un.