| Data | Venres 5 de Xuño do 2009 | |||||
| Axenda |
| |||||
| Categorías | Eventos | |||||
| Etiquetas | Borsalino, Charlas, participación, tertulias | |||||
| Autor | admin |
O concello de Ferrol, desde o comezo deste mandato ven traballando na promoción de procesos de participación cidadá. O truncado goberno PSOE-EU, foi o responsable desta iniciativa representada, nomeadamente, por Jabier Galán (EU). Logo da ruptura do goberno, e tras dun importante receso, o PSOE recollía o testigo da man de Manolo Santiago, actual concelleiro de participación cidadá.
O camiño andado semella non ter volta atrás, e todo o asociacionismo e o conxunto da cidadanía ferrolá dispoñemos dun instrumento vital para afondar na democracia participativa. De vós depende, de nós depende e… por nós non vai ser.
O pasado ano elaborábase de forma participada un novo Regulamento de Participación Cidadá co que se pretende regrar toda unha chea de mecanismos que faciliten a participación de asociacións e cidadanía no devir do concello.
Este Regulamento vía a luz, nun “Foro Cidadán” no que se aprobaba por unanimidade o traballo que previamente fixeran moitos dirixentes veciñais, de asociacións ecoloxístas e outras persoas de forma individual desde unha Comisión de estudo (GAP-Grupo de Análise e Proposta).
A día de hoxe, logo dos preceptivos —e paralizantes— informes xurídicos, este Regulamento será aprobado nun Pleno en próximas datas.
Naquel Foro Cidadán, no que Lefre de Caldereta tamén participou, demandabase do concello un novo impulso, poñendo en marcha un proceso de orzamentos participativos que, logo de varios meses, parece que tamén se poñerá en marcha por medio dunha experiencia piloto.
Destas cuestións e doutros proxectos municipais relacionados coa participación é do que falaremos na nosa tertulia do segundo martes de xuño, coa participación de Manuel Santiago Pérez, actual concelleiro de participación cidadá.
Seguimos a falar no Borsalino.
| Tipo | Comentario |
| Autor | gacepo |
| Data | 10/06/2009 - 0:10 |
| Seguir fío | Respostar |
Agora mesmo, saio da tertulia e, efectivamente, resultou moi clarificadoram do que significa a democracia participativa. Agora ben, pareceume que vai ser complicado que o asociacionismo se poña de acordo nos procesos que van comezar. En fin…. sorte e SAÚDE
Entrada : 2 (98)
Bueno..eu non teño moi claro cal vai ser o resultado de todo isto; moitísima xente que non forma parte dunha asociación ou incluso pertencendo está bastante pez ao respecto xa que os presupostos participativos é unha forma diferente de levar a cabo necesidades na túa cidade e sobretodo da poder as persoas para decidir que facer e como facelo!!. Dalle esas armas ao pobo e non necesitará de gobernantes….estará este goberno pola labor???
Saúde!