| « Ago |
|
Out » |
| L | M | M | X | V | S | D |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
| 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
| 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
| 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
| 27 | 28 | 29 | 30 | EC | ||
A Asociación Cultural “Lefre de Caldereta” nace na nosa cidade o 28 de decembro de 2005 por iniciativa dun grupo de persoas pertencentes a diversos ámbitos profesionais. É unha Asociación Cultural de ámbito autonómico, sen ánimo de lucro, que se constitúe co obxecto de apoiar e desenvolver todo tipo de actividades culturais e en todo tipo de formatos.
Entendendo a cultura desde unha perspectiva aberta e plural, nacemos coa intención de colaborar coas outras iniciativas xa presentes na cidade —máis ou menos institucionalizadas— e cunha clara vontade de cooperación e complementariedade.
No artigo 5 dos nosos estatutos recóllense como finalidades fundamentais as seguintes:
“ (…)
1.- Son fins principais da asociación:
a) A promoción e difusión cultural a través da organización de actividades diversas.
b) Constituirse como lugar de encontro e debate ao redor da cultura e as expresións artísticas en xeral.
c) Promover a participación da sociedade en xeral, e dos asociados en particular, a través das súas actividades.
d) Promover a utilización e o coñecemento da lingua e a cultura galegas, poñéndoas en relación coas outras culturas e as súas expresións artísticas no mundo.
e) Promover actividades de todo tipo, conxuntamente con outras Asociacións con fins semellantes, na Comunidade autónoma.
f) Contribuir á creación e fomento dunha cultura ecolóxica, pacifista, non sexista, antirracista e tolerante na sociedade galega.
g) Contribuir á integración cultural e social dos/as inmigrantes e emigrantes retornados.
2.- Para levar a cabo os seus fins, poderá a asociación organiza-las seguintes actividades:
a) Organización de actos culturais e lúdicos de calquera expresión artística e , a través de múltiples formatos.
b) Realización de actividades de apoio aos novos artistas e creadores no país.
c) Organización de actividades de intercambio de experiencias, difusión e promoción de mestizaxe cultural con outras expresións artísticas no mundo.
(…)”
