Páxina : «

Estatutos

» -- Paxinación : 1 2 3 4 5 6 | Seguinte »
Subseccións : Capítulo I, Capítulo II, Capítulo III, Capítulo IV, Capítulo V e Capítulo VI

Estatutos

CAPÍTULO I

DA ASOCIACIÓN EN XERAL

Artigo 1º.-
1.- Constitúese unha asociación sen ánimo de lucro das previstas na Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación. A asociación ten a seguinte denominación “ASOCIACIÓN CULTURAL LEFRE DE CALDERETA”

2.- A asociación rexerase polos ditos estatutos, pola Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo e pola demais lexislación existente en materia de asociacións que lle sexa aplicable.

Artigo 2º.-
O domicilio principal e permanente da asociación radicará na localidade de Ferrol rúa do Sol 224-230, 1º B, 15401 Ferrol.

Artigo 3º.-
A asociación, en funcións dos seus fins e do emprazamento do seu domicilio social, exercerá fundamentalmente as súas actividades no ámbito territorial da Comunidade autónoma de Galicia.

Artigo 4º.-
1.-A asociación constitúese por tempo indefinido e só se disolverá, conforme a estes estatutos, pola vontade dos asociados expresada en Asemblea Xeral Extraordinaria ou polas causas previstas na lexislación vixente.
2.- A asociación rexerase segundo os principios democráticos contidos no marco da Constitución e o resto do ordenamento xurídico.

Artigo 5º.-
1.- Son fins principais da asociación:
a) A promoción e difusión cultural a través da organización de actividades diversas.
b) Constituirse como lugar de encontro e debate ao redor da cultura e as expresións artísticas en xeral.
c) Promover a participación da sociedade en xeral, e dos asociados en particular, a través das súas actividades.
d) Promover a utilización e o coñecemento da lingua e a cultura galegas, poñéndoas en relación coas outras culturas e as súas expresións artísticas no mundo.
e) Promover actividades de todo tipo, conxuntamente con outras Asociacións con fins semellantes, na Comunidade autónoma.
f) Contribuir á creación e fomento dunha cultura ecolóxica, pacifista, non sexista, antirracista e tolerante na sociedade galega.
g) Contribuir á integración cultural e social dos/as inmigrantes e emigrantes retornados.

2.- Para levar a cabo os seus fins, poderá a asociación organiza-las seguintes actividades:
a) Organización de actos culturais e lúdicos de calquera expresión artística e , a través de múltiples formatos.
b) Realización de actividades de apoio aos novos artistas e creadores no país.
c) Organización de actividades de intercambio de experiencias, difusión e promoción de mestizaxe cultural con outras expresións artísticas no mundo.

Os beneficios que se obteñan por calquera concepto destinaranse exclusivamente ó cumprimento destes fins, sen que se poidan repartir entre os asociados nin outras persoas físicas ou xurídicas con interese lucrativo.

Próximos Eventos
  • Non hai eventos.
  • Actividades Lefre
    Febreiro 2012
    L M M X V S D
     12345
    6789101112
    13141516171819
    20212223242526
    272829EC
    Non lle poñades chatas â obra namentras non se remata. O que pense que vai mal que traballe n’ela; hay sitio para todos.
    Castelao
    Páxina : «

    Estatutos

    » -- Paxinación : 1 2 3 4 5 6 | Seguinte »
    Subseccións : Capítulo I, Capítulo II, Capítulo III, Capítulo IV, Capítulo V e Capítulo VI