Páxina : « Estatutos -

Capítulo II

»

Capítulo II

DOS ASOCIADOS

Artigo 6º.-
1- Poderán ser integrantes da asociación tódas aquelas persoas físicas, con plena capacidade de obrar e as persoas xurídicas tralo acordo do seu órgano competente, que non teñan débedas pendentes coa asociación e que reúnan os seguintes requisitos:
a) Ser maiores de 18 anos.
b) Participar dos fins da Asociación, comprometéndose a cumplir os presentes estatutos.
c) Ter solicitado formar parte da Asociación, voluntariamente, á Xunta Directiva.

2.-Os acordos de admisión de asociados e asociadas tomaraos a Xunta Directiva, unha vez recibida a petición por escrito da persoa que desexa ser admitida.

Artigo 7º.-
Dentro da asociación poderán existi-las seguintes clases de asociados:
a) Fundadores, aquelas persoas que subscribiron a acta fundacional.
b) Numerarios, aquelas persoas que ingresaron con posterioridade á subscrición da acta fundacional.
c) Honorarios, aquelas persoas que, a xuízo da Asemblea Xeral, axuden de xeito notable ó desenvolvemento dos fins da asociación.

Artigo 8º.-
1.-A condición de asociado pérdese:
1.- Por vontade propia.
2.- Por falta de pago de 4 cotas.
3.- Por incumprimento das súas obrigas ou a realización de accións que prexudiquen gravemente ós intereses da Asociación, previo expediente disciplinario, con audiencia do interesado.
4.- Por falecemento da persoa física ou extinción da persoa xurídica.
2.-A expulsión de asociados e asociadas nos supostos dos apartados b) e c) do parágrafo anterior, será acordada pola Xunta Directiva, logo da audiencia do interesado. O acordo de expulsión deberá ser ratificado pola Asemblea Xeral Extraordinaria e contra a súa resolución poderase recorrer ante a xurisdición ordinaria.

Artigo 9º.-
Os asociados e asociadas teñen os seguintes dereitos:
1. Participar nas actividades da asociación e nos órganos de goberno e representación, exerce-lo dereito de voto, así como asistir á Asemblea xeral, de acordo cos estatutos.
2. Ser informado da composición dos órganos de goberno e representación da asociación, so seu estado de contas e do desenvolvemento da súa actividade.
3. Ser oído con carácter previo á adopción de medidas disciplinarias contra el e ser informado dos feitos que dean lugar ás ditas medidas, debendo motivarse o acordo que, no seu caso, impoña a sanción.
4. Impugna-los acordos dos órganos da asociación que estime contrarios á lei ou ós estatutos.

Os asociados e asociadas honorarios non intervirán na dirección da asociación nin nos órganos de representación dela. Os asociados e asociadas honorarios están facultados para asistir ás asembleas xerais con voz, pero sen voto.

Artigo 10º.-
Son obrigas dos asociados e asociadas:
1. Comparti-las finalidades da asociación e colaborar para a súa consecución.
2. Paga-las cotas que se establezan.
3. Desempeña-los cargos para os que foron elixidos.
4. Acatar e cumpri-los acordos validamente adoptados polos órganos de goberno e representación da asociación.
5. Acata-lo contido dos estatutos.
6. Ter unha boa conducta individual e cívica.

Próximos Eventos
  • Non hai eventos.
  • Actividades Lefre
    Febreiro 2012
    L M M X V S D
     12345
    6789101112
    13141516171819
    20212223242526
    272829EC
    Non lle poñades chatas â obra namentras non se remata. O que pense que vai mal que traballe n’ela; hay sitio para todos.
    Castelao
    Páxina : « Estatutos -

    Capítulo II

    »